luns, 8 de xuño de 2015

Neste blog imos  falar sobre a violencia de xénero.
A coordinadora da "Asociación Enriqueta Otero", Amanda Díaz Pena (Psicóloga) veu dar unha charla ó noso instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo e a expoñer un vídeo sobre a violencia de xénero titulado "A orde das cousas".

Neste vídeo aparecen varios personaxes :
  • Julia, a muller maltratada
  • O maltratador, que era o seu marido e que tiña por nome Marcos
  • O seu fillo, que tamén tiña por nome Marcos (Marquitos)
  • A familia do maltratador, que trata con superioridade á súa muller
A historia deste vídeo trata sobre un home que busca continuamente o seu cinto, xa que é un símbolo de dominación e seguridade para maltratar á muller. Ela encóntrase durante toda a acción, na bañeira, ademais non avellenta no transcurso da historia, mentres que para o home e o seu fillo si que pasa o tempo, probablemente porque para ela os maltratos xa son unha forma de vida continua.
O marido promételle que a vai protexer pero, realmente, o único que fai é tratala mal,  porque todo o seu corpo está marcado por golpes e moratóns. 
O neno, desde que era cativo, sempre recorda a súa nai  postrada na bañeira, coma se non puidera erguerse, pola presión que os maltratos exercen sobre ela. O rapaz decátase da situación na que está e a súa nai. Dende ese momento, o fillo vai repetidas veces a pedirlle  que deixen ao pai para poder ser felices, fuxindo da violencia.

Case ó final do vídeo, a familia do marido vai á casa de ambos e bótanlle unha bronca a el, xa que din que non exerce unha total autoridade sobre a  muller; este dilles que xa o sabe, pero que non encontra o cinto (foi un obxecto que pasou de xeración en xeración na familia do marido) para sometela. O cinto encóntrase agochado no fondo da bañeira, onde se atopa ela.
Cando o marido o descobre, quítallo e prodúcese un fenómeno estraño: a bañeira énchese de auga e covértese en mar, a muller libérase, finalmente, conseguindo superar a súa dependencia.

Esta situación na que a bañeira representaba un espazo pechado, no que se atopaba prisioneira, chea de angustia por esa relación frustrante, cambia agora, ó encherse de auga, supoñendo a liberación de Julia (coma se fora a gota que colmara o vaso e fixera que se desbordase) . Ela decide separarse e vivir a súa vida. Pola contra, as bañeiras con cintos representan, paralelamente, a outras mulleres que tamén viven nesta tráxica situación. 

Como conclusión, obsevamos que en moitas ocasións estas mulleres  non teñen voz na sociedade, nin axuda ; é dicir, cando unha muller presenta unha denuncia, a medida que esta se vai desenvolvendo, pode ocorrer que ela mesma saia gravemente perxudicada, por  exemplo  que quede sen a custodia do fillo, o que a obriga a retirar a denuncia e volver coa súa parella. Despois disto, o home pode que a siga maltratando e, se ela o ameaza con outra denuncia, el mofarase  pensando que lle volverá saír mal e el será o gañador. Pode ser que o maltrato físico pase a ser tamén psicolóxico, mais ese maltrato non  pode ser demostrado diante dun xuíz, sendo aínda máis dificil de superar.
                                                  

Amanda Díaz Pena nunha foto do
xornal "A voz de Galicia".




Para concluír a presentación deste blog, queremos amosarvos
unha foto realizada na charla, na cal foron impartidos
unha serie de valores e ideas contra a violencia de xénero.





Esta foto foi realizada pola nosa profesora de Lingua Galega: Áurea Penas Roibas

.









Este blog foi producido por:

  • Maika López Martínez,
  • Javier Yáñez Abuín
  • Manuel Pin Domínguez.


Ningún comentario:

Publicar un comentario